Datos persoais
Nome do departamento de adscrición
Didácticas especiais
Nome do centro de adscrición
Facultade de Educación e Traballo Social
Nome da área de adscrición
Didáctica de la expresión musical
Resumo curricular
Cantante e licenciada en Psicopedagoxía, con mestrados en terapia e en procesos de formación. No período 2014-2021 traballou na USC como docente do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (7 anos) e como técnica de proxectos internacionais (10 meses) e de formación e innovación docente (9 meses). Dende o ano 2021 é docente e investigadora no Departamento de Didácticas Especiais (Área de Didáctica da Expresión Musical) da UVIGO. Con formación e experiencia en didáctica e en técnica vocal, ten exercido de profesora en escolas de música, e fixo varias estadías de investigación internacionais en Italia, República Checa, Arxentina, Inglaterra, Brasil e Portugal, nas que combinou o estudo da educación da voz, a cantoterapia, o canto, a educación infantil, a innovación, e a equidade. Estes temas combinounos na súa tese doutoral titulada "Boas prácticas psicopedagóxicas para a educación vocal e do canto na infancia: estudo de casos en dous programas de referencia internacional", dirixida por Miguel Ángel Zabalza e Carol Gillanders. É coordinadora do proxecto psicopedagóxico de educación vocal e canto VOCES LEDAS, e participa activamente en congresos e seminarios vinculados á educación, sendo tamén autora de diversas publicacións e colaboradora de grupos de investigación nacionais e internacionais.
Códigos NABS
Educación
Códigos UNESCO
PSICOPEDAGOGIA
PREPARACION DE PROFESORES
METODOS PEDAGOGICOS (ver 6104.02)
MUSICA, MUSICOLOGIA (ver 2201.04 y 5101.04)
PREPARACION Y EMPLEO DE PROFESORES
METODOS EDUCATIVOS
Correo electrónico
Presentación web
http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/lucia-casal-fuente/