1. Enxeñaría Química
1.a) Modelado matemático para optimizar procesos de extracción e escalado industrial.
1.b) Extracción sostible de compostos bioactivos mediante tecnoloxías verdes.
2. Química Analítica
2.a) Identificación e caracterización de compostos bioactivos mediante técnicas cromatográficas avanzadas.
2.b) Desenvolvemento de novos métodos analíticos para metabolitos específicos, contaminantes emerxentes e biomarcadores volátiles.
3. Bioloxía Molecular
3.a) Avaliación in vitro da actividade antioxidante en diferentes medios.
3.b) Ensaios in vitro en liñas celulares para avaliar actividade antiinflamatoria, antitumoral e citotoxicidade.
3.c) Ensaios in vitro de actividade neuroprotectora, antidiabética e outras actividades funcionais.
3.d) Análise molecular mediante qPCR, western blot e modelado de mecanismos de acción.
4. Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos
4.a) Determinación da composición nutricional de mostras, extractos e novos produtos alimentarios.
4.b) Formulación de alimentos e nutracéuticos con extractos bioactivos, incluíndo encapsulación e desenvolvemento de ingredientes funcionais.
5. Aplicacións Ambientais e Agrícolas
5.a) Uso de extractos naturais como bioadsorbentes, bioestimulantes e pesticidas ecolóxicos.
6. Alimentación, Saúde e Contorno Educativo
6.a) Intervencións nutricionais escolares para promover hábitos saudables e benestar.
6.b) Aplicación de ómicas en nutrición de precisión e personalización dietética.